Pagaremos 1.5 millóns de euros pola primeira exposición do Museu da Cidade da Cultura

Nada menos que 1.5 millóns de euros. É o custo final que a sociedade galega abonará para organizar unha exposición de patrimonio histórico no Museu da CdC. A mostra, que ten 200 pezas, financiarase nun 23% con fundos da Xunta de Galiza, é dicir, 345.000€. O 77% restante inxectarase vía Fundación Gaiás, a entidade constituida en 2008 co beneplácito do bipartito autonómico PSOE-BNG para dar paso á participación do capital privado na xestión da CdC.

Parece incríbel, pero é certo. Cando a crise se manifesta na multiplicación de EREs, a privatización e o recorte de servizos sociais, o incremento do desemprego, a pauperización de importantes sectores da sociedade e os cánticos á austeridade, institucións públicas e empresas privadas dilapidarán 1.5 millóns de euros na organización da mostra Gallaecia Petrea no mausoleu que Fraga Iribarne ordenou construir no curuto do monte Gaiás.

A análise miúda dos dados que hoxe ofrece o diario dixital Praza Pública achega informacións arrepiantes. Animamos a comprobar a dilapidación de diñeiro público e, tamén, de diñeiro privado que, como todo o mundo sabe, foi producido neste caso grazas ao traballo asalariado dos traballadores das empresas Inditex, Constructora San José, Ángel Jove, Coren, Monbús, Hijos de J. Barreras, Gadisa, Unión Fenosa, etc., que desde 2008 participan na xestión do complexo do Gaiás.

Cumplicidade municipal?

Descoñecemos se o Concello é co-responsábel deste novo caso de bulra á veciñanza. Contodo, a hipótese é probábel: a alcaldía fai parte da Fundación Cidade da Cultura a través da que flúe diñeiro público para alimentar o complexo turístico construido no Gaiás. De confirmarse a hipótese, cando Compostela se aproxima aos 10.000 veciños sen traballo e o 22% do censo municipal xa vive na pobreza –segundo dados oficiais- estaríamos ante unha nova evidencia do cinismo da equipa de goberno local, que nos convoca a apertar o cinto encanto dilapida o diñeiro de tod@s nos proxectos e iniciativas máis disparatadas e sen retorno social.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s