Proxecto de construir unha estación intermodal na Lavacolla concita rechazos crecentes en Compostela

A ocorrencia de construir un apeadeiro do AVE no aeroporto da Lavacolla e levar a estación de autocarros a 11 km. da cidade segue a axitar o debate local. A soedade do rexedor e da súa equipa trás lanzar o proxecto do “grande centro de comunicacións de Galiza” é manifesta. Altísimo investimento, nulo retorno social e subordinación da rede de comunicacións do país a intereses localistas e turísticos son algunhas das liñas da crítica. Núñez Feijoo cala encanto Conde Roa e Abel Caballero parecen definir o deseño da rede interior de comunicacións de Galiza.

Hoxe, Delmiro Prieto, secretario da área comercial Santiago Centro, afirmou en declaracións á conservadora Radio Obradoiro que a idea de Conde Roa lle causara “surpresa” e que “ás veces facemos propostas e non as refletimos o suficiente” (sic). Asegurou ademáis que o proxecto é “totalmente inviábel” e “non deberíamos perder moito tempo” nel. O rechazo dun sector empresarial que tradicionalmente se aliña coas propostas estratéxicas do Concello é desde logo significativo.

O grupo municipal da Candidatura do Povo xa rechazara no programa Compostela 2011 a política de infraestruturas de transporte rumadas a satisfacer as necesidades de certos grupos empresariais ligados ao sector turístico, así como o desorbitado investimento destinado á construción dunha infraestrutura antisocial e insustentábel como o AVE. O modelo agrávase agora coa proposta do bucle e a transferencia da estación de autocarros para A Lavacolla, que complica aínda mais as comunicacións diarias de miles de usuari@s que se desprazan a ou viaxan en autocarro desde Compostela.

Desorbitado
custo do proxecto

Construir un bucle de ida e volta entre a Lavacolla e o Eixo Atlántico do AVE suporía facer 30 novos quilómetros de vía de alta velocidade non recollidos no trazado aprobado no seu día polo Consejo de Ministros. Se pensamos que o quilómetro deste tipo de vía custa, segundo estimacións ponderadas, 20 millóns de euros, encontrámonos con que o “bucle de Conde Roa” suporía investir 600 millóns de euros, é dicir, o orzamento municipal anunciado para 2012 multiplicado por seis, simplesmente para que a clase turista pudese aceder do avión para o AVE, e viceversa, coa máxima rapidez.

Outras estimacións menos optimistas, como a do alcalde de Vigo Abel Caballero, cifran en 800 millóns a construción do lazo de ida e volta entre o Eixo Atlántico en construción e o aeroporto da Lavacolla. Neste sentido, é moi significativo que as cifras que manexaba onte Conde Roa na súa visita oficial ao Concello de Vigo sexan cualitativamente tan distintas: o alcalde de Compostela cifraba en “apenas” 85 millóns o custo do seu proxecto de bucle.

Proxecto para unha
minoría da sociedade

A construción do lazo de ida e volta entre o AVE do Eixo Atlántico e o aeroporto da Lavacolla beneficiaría, segundo dados publicados na edición de Galiza de El País, a apenas 500 usuarios que cada día desembarcan no aeródromo compostelano e utilizarían o AVE, é dicir, a utilidade do experimento e o seu altísimo custo fan totalmente rechazábel desde a óptica social a súa materialización, xa non só polo investimento que implica, senón polo feito de que os beneficiarios serán unha ínfima minoría da sociedade.

Alén disto, hai outro custo engadido: os 4 de millóns de euros anuais que suporía a mantenza ordinaria do tramo. Sen dispor de cifras que están veladas ao aceso do cidadán medio para sustentar cabalmente a nosa tese, é difícil acreditar que o retorno social destes investimentos na construción duns servizos dos que desfrutarán unha minoría de cidadáns xustifique a súa realización. Máis aínda cando as prioridades sociais sitúanse agora en materia de emprego, sanidade, educación, dependencia, servizos de protección social, etc.

Cinismo municipal

Conde Roa, que ten o proxecto de pavimentar a frondosa Finca do Espinho para construir vivendas de luxo da man de Inmobiliaria Layetana, non tivo reparos en sacar a  relocir para esta ocasión a súa faciana máis verde e convervacionista. Así, para defender a instalación da intermodal ao servizo da clase turista na Lavacolla, non dubidou en expresar a súa nostalxia “polo vello edificio da estación” ou ofertarnos como engado para inocentes a construción dun céntrico “grande parque urbano”.

O problema da pendente
como posíbel límite técnico

A nivel puramente técnico, parece dubidoso que o pronunciado desnivel existente entre o trazado actual do AVE e o aeroporto da Lavacolla possibilite a realización do proxecto. Outra cuestión de relativa importancia é o feito de que, dados os amplos tempos de aceleración e freado que necesita esta infraestrutura de transporte, a distancia a percorrer se pudese realizar á velocidade máxima do AVE. Resultaría cómico, se non for pola dilapidación de diñeiro público que implica o proxecto, que se construise unha vía de alta velocidade cun custo millonario para utilizala logo á velocidade dun comboio de cercanías.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s