Candidatura do Povo convoca concentración no Obradoiro para esixir responsabilidades penais pola “desaparición” do Códice

A Candidatura do Povo convoca o próximo 3 de marzo unha concentración na praza do Obradoiro para denunciar os oito meses da desaparición do Códice Calixtino, reivindicar o traspaso do legado histórico-artístico galego do poder relixioso aos poderes públicos e demandar o procesamento penal dos responsábeis políticos e eclesiásticos deste enésimo atentado contra o noso patrimonio nacional.

A maior xoia da catedral desaparecía en xullo da cámara blindada que supostamente a protexía. A substracción evidenciou o abandono no que estaba a peza, así como a inaplicación das medidas de seguranza máis imprescindíbeis para protexer o Códice Calixtino por parte da Igrexa Católica, pero tamén da Xunta de Galiza e o Concello, que como institucións públicas deberían velar pola súa protección.

Sen responsabilidades
políticas nen demisións

Oito meses despois, descoñecemos a autoría do roubo e nengunha autoridade municipal, autonómica nen eclesiástica asumiu responsabilidades. Os individuos que daquela detentaban cargos políticos e relixiosos continúan nestes ou noutros postos sen asumiren responsabilidades. É o caso de Gerardo Conde Roa, rexedor local; Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galiza; Roberto Varela Fariña, ex conselleiro de Cultura; Julián Barrio Barrio, arcebispo de Compostela ou José María Díaz Fernández, deán da Catedral.

A Candidatura do Povo denuncia o feito de que, en pleno século XXI, xoias artísticas do patrimonio nacional sexan propriedade dunha confesión relixiosa que, como demostrou en outras ocasións, e volve facelo agora, o trata con desleixo e incumpre as medidas de seguranza que garantan a súa protección. Denunciamos tamén a responsabilidade das institucións públicas –Xunta de Galiza e Concello-, por toleraren esta apropiación indebida e posibilitaren a indefensión do noso patrimonio.

Convocatoria pública

O próximo sábado 3 de marzo a partir das 12:00 h. a Candidatura do Povo chama a veciñanza a concentrarse no Obradoiro para esixir a reaparición do Códice, a transferencia do patrimonio nacional que está en mans da Igrexa de Roma aos poderes públicos e a demisión e xulgamento dos responsábeis políticos e eclesiásticos da desaparición desta obra do século XII galego. O noso grupo municipal cursará ás autoridades as comunicacións preceptivas da concentración coa antelación necesaria.

One thought on “Candidatura do Povo convoca concentración no Obradoiro para esixir responsabilidades penais pola “desaparición” do Códice

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s