Once casos de cancro no Lamas de Abade poderían ter relación cunha antena de telefonía ilegal

Once son os casos de cancro de mama que se produciron nos seis últimos anos entre as profesoras do IES Lamas de Abade. Neste instituto, vinte e dous profesores e profesoras dun cadro de persoal de 81 asinaron un escrito entregado ao conselleiro de Educación Jesús Vázquez esta cuarta-feira 15 onde denuncian “o aumento de cancros de mama entre o profesorado feminino. O caso é que nos últimos anos, 11 profesoras padeceron (ou padecen) esta enfermidade”.

Xaquín Penas, portavoz do colectivo de profesor@s, declarou que recolleron as asinaturas ao coñeceren que Vázquez visitaría o centro o pasado día 15. O departamento autonómico do que depende o IES asegurou que “descoñecía o problema”. Os profesores e profesoras apuntan como unha das posíbeis causas da concentración de cancros de mama as radiacións da antena de telefonía instalada pola multinacional France Telecom España a escasos metros do centro educativo.

Antena sen licenza municipal
e estudos que non se publican

Fontes municipais declararon que a antena carece de licenza municipal. Segundo o concelleiro de Educación Ángel Currás, o Concello tería ordenado a súa retirada o 30 de decembro, pero a compañía ainda está, case 2 meses despois, no prazo para recorrer. Outras posíbeis hipóteses da multiplicación dos casos serían as emisións naturais de gas radón e as redes wifi do centro. Contodo, Juan Barros, experto nestas emisións da USC, afirma que “non está probada a relación entre o radón e os tumores de mama”.

Pola súa parte, Xaquín Penas esixiu en declaracións a Correo TV a “retirada” da antena por parte da Consellaría e o estudo do estado da rede wifi do centro. Ademáis, denunciou respecto ás emisións de radón que o departamento autonómico “fixo un estudo, pero descoñecemos os dados nen os fai públicos”.

One thought on “Once casos de cancro no Lamas de Abade poderían ter relación cunha antena de telefonía ilegal

  1. Pingback: Once casos de cancro no Lamas de Abade poderían ter relación cunha antena de telefonía ilegal ou redes wi-fi

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s