Hoxe cúmprese o 76º aniversario de que un alcalde falase galego por primeira vez nun acto oficial

Ya en la presidencia el nuevo Alcalde pronuncia en gallego unas breves palabras agradeciendo el honor que con el cargo recibía y anunciando la imparcialidad con que lo ejercería”. Así é como recolle a acta do Concello de Compostela a primeira intervención institucional en galego dun alcalde, Ánxel Casal, na nosa historia contemporánea. Aconteceu o día 23 de febreiro de 1936. A significación do feito vai alén da data simbólica, porque naquela altura a nosa lingua carecía de calquer recoñecemento xurídico.

Casal, home de convicións firmes, desenvolveu na nosa cidade un intenso traballo nacionalista como político e editor. Deste perfil de compromiso dá exemplo o feito de que, a pesar de que cando se produce o golpe de Estado se encontra en Madrid, na entrega do texto estatutario, regresa para Galiza a participar na organización da resistencia. O 4 de agosto é detido.Quince días despois será baleado polos fascistas na estrada de Cacheiras, onde o seu corpo apareceu xunto ao de Xosé Areosa Devesa.

Facendo retrospectiva histórica son inevitábeis as comparacións instintivas co presente e a sensación de devaluación do perfil da alcaldía. O actual rexedor local, o señor Gerardo Conde Roa, denega comunicación oficial a unha entidade como a MNL a pesar de esta lle ter comunicado a solicitude preceptiva hai meses, pero sí recibe o 23 de novembro pasado no seu escritorio a Gloria Lago e Julio Tojo, activistas da asociación ultraespañolista Galicia Bilingüe. A continuación, anunciaba ipso facto más español na corporación local.

Todo un indicador dos nosos tempos este feito de que o alcalde dun partido que aínda non condenou publicamente o levantamento fascista de 1936 e expresa periodicamente claras simpatías care este defina a política lingüística municipal da man de partidarios fanatizados da extinción da nosa lingua.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s