Director do museu da Catedral denuncia que houbo “axuda interna” para o roubo do Códice Calixtino

Ramón Yzquierdo Peiró (Compostela, 1972) é historiador e director do Museu Catedralicio. Profundo oñecedor da catedral e das xoias que atesoura, Peiró denunciou onte en La Voz de Galicia que “no roubo do Códice Calixtino axuda interna tivo que haber”. O historiador, que afirma que “estivemos coa policía moitas veces, peitearon toda a catedral”, apunta que “do que a min non me cabe nengunha dúbida (…) é que no roubo axuda interna tivo que haber”.

O historiador argumenta, respecto ás medidas de seguranza coas que estaba guardado o Códice Calixtino, que para chegar ata a porta onde se encontraba este “hai que pasar varias outras e non se pode entrar no Arquivo sen chamar á porta ou sen ter chave”. Engade ademáis para fundamentar a tese da colaboración desde o interior da Catedral, que “son catro andares, moitas estancias… Non é fácil chegar”.

Perguntado sobre se o Códice dispuña das medidas de seguranza necesarias, Peiró admite que “se desapareceu, é porque algo fallou”. O director do Museu Catedralicio afirma que lle deu “moita importancia á seguranza” e que “agora reforzouse”, pero denuncia inibición dos poderes públicos nesta cuestión. Así, por exemplo, di que “estas melloras en seguranza fíxoas o Cabido co seu diñeiro. Obviamente isto é propiedade da Igrexa, pero é un patrimonio de todos e a Xunta tamén ten as súas responsabilidades que tampouco pode obviar”.

Concentración veciñal

Cando se van cumprir oito meses da desaparición dunha das xoias máis importantes do patrimonio histórico nacional e universal, continuamos descoñecendo o paradeiro do Códice e, seguindo o que no noso país parece ser case unha lei física, non demitiu nen asumiu responsabilidades penais nengún dos cargos municipais, autonómicos e eclesiásticos responsábeis da desaparición.

Á vista desta situación, a Candidatura do Povo convoca á veciñanza de Compostela a se concentrar no Obradoiro este sábado ás 12:00 h. da mañá para esixir a “reaparición” do Códice Calixtino, a demisión dos responsábeis políticos e eclesiásticos do roubo fixándose as responsabilidades penais correspondentes e a devolución do patrimonio histórico galego aos poderes públicos por parte da Igrexa Católica.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s