PP, PSOE e BNG protagonizan unha cerimonia da confusión coa “homenaxe” aos fusilados de Boisaca

Con escasísima presenza veciñal, Conde Roa homenaxeou este sábado a once veciños fusilados polos fascistas contra os muros do cemiterio de Boisaca en febreiro de 1936. O acto estivo presidido por unha placa conmemorativa en español e a bandeira bicolor alzada polos franquistas co escudo monárquico incorporado na Transición. Á homenaxe concorreron PSOE e BNG baixo unha lexenda que equiparaba responsabilidades por aqueles acontecementos entre golpistas e demócratas: Nunca más guerras entre hermanos.

Desde posicións benévolas, ou inxenuas, poderíase pensar que o rexedor municipal contraría a posición do seu partido, que nunca condenou o golpe de Estado de 1936 nen o rexime fascista ao que este deu orixe. No entanto, nada indica que os feitos vaian nesta dirección: o PP que goberna Compostela mantén as súas históricas posicións sobre os acontecementos de 1936 e o rexime franquista e, aínda hoxe, son coñecidas as declaracións de altos dirixentes do PP que xustifican ou minimizan a significación do golpe de Estado e a represión.

Mentres, os familiares de Manuel del Río, José García, Ángel Jesús Caamaño, José del Río, José Pérez, Paulino Pérez, José Vázquez, Benito Vilariño, Manuel Moure Rey, Andrés Nogareda e José Iglesias descoñecen, 75 anos despois, onde se encontra a foxa común onde descansan os restos dos seus parentes. Os asasinos ficaron impunes por lei. Neste contexto, o acto institucional de sábado só pode interpretarse como unha burla e un xesto de oportunismo político do Partido Popular que ata hai unhas semanas tiña como “presidente de honor” un ex ministro franquista.

Pleno municipal dedica rúa
a José María Aznar López

A participación nesta cerimonia da confusión e o oportunismo de Sánchez Bugallo (PSOE) e Rubén Cela (BNG) foi o broche que culminou un acto que, por respecto aos represaliados e parentes, nunca se debeu celebrar co formato representado en Boisaca. Neste sentido, entendemos que a participación dos grupos da oposición municipal en semellante cambalache é unha lavaxe de cara aos herdeiros ideolóxicos e políticos do fascismo, hoxe representados en Compostela polo partido que rexe os destinos da corporación municipal.

E como mostra de que non se perden os principios fundamentais, un exemplo: o Pleno Municipal aprobou a quinta-feira 23 cos votos do PPSOE a proposta do Partido Popular para dedicar o nome dunha rúa a José María Aznar López. Por se o seu pasado fascista, as políticas antisociais e antigalegas que aplicou desde o Executivo de Madrid e a condición de lider dun think tank de extrema dereita resultaban insuficientes para tanto “mérito”, o Concello dá o nome dunha rúa ao máximo responsábel político da maré negra do Prestige en 2002.

Temos a certeza de que o nome desa rúa nunca se asentará no noso nomenclátor municipal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s