Ana Pastor rechaza o proxecto de Conde Roa para desviar o AVE polo aeroporto da Lavacolha

A ensoñación millonaria de Conde Roa para construir unha desviación do AVE para o aeroporto da Lavacolha non pasou duns días de ruído nos xornais. A ministra de Fomento Ana Pastor comunicou ao rexedor desprazado onte a Madrid para presentar o seu proxecto que este tería “difícil encaixe orzamentario” no actual contexto de crise. Diplomáticas palabras da zamorana para dar un sonoro portazo nos fuciños a quen, recentemente, se arrogaba a condición dun patético Kennedy santiagués.

Conde Roa e Pastor platicaron en Madrid sobre as infraestruturas que o Estado ten pendentes de construción en Compostela. O alcalde declarouse “satisfeito” co decurso da reunión a pesar de supor o punto final para a carreira do seu proxecto propagandístico e asegurou que “deberá esperar polo menos tres ou catro anos”. A resposta da ministra española non foi obstáculo para que o alcalde caracterizase a atitude da alta funcionaria como “extraordinariamente receptiva” á súa idea. Por último, en aberta contradición co estilo de facer política que evidenciou nestas semanas, o ex numerario do Opus Dei convocou a todos a “ter os pés no chan”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s