Ángel Currás afirma que “temos que evitar as concentracións de xovens”

O goberno local desenvolve desde a súa toma de posesión en xullo unha intensa campaña de criminalización da mocidade encadrada nas clásicas teses que manexa a dereita extrema contra este segmento da povoación. A asociación da mocidade ás ideas de “vandalismo”, “desorde” e “botellón” é unha constante do discurso e as políticas municipais que ten o seu complemento necesario nunha programación xuvenil que obvia a grave problemática sociolaboral d@s xovens.

Apoiándose nesta asociación ideolóxica e reducionista, o concelleiro de Educación Ángel Currás anunciaba hoxe na emisora amiga Onda Cero a vontade do Concello de restrinxir o uso público do Campus aproveitando o satán do “botellón”. En concreto, Currás declarou que “se queremos manter o Campus” (sic) “temos que evitar as concentracións” de xovens que o pratican. No entanto, a advertencia do edil apuntou inconscientemente a outras proibicións ao declarar que “Santiago ten outros espazos para celebrar concertos”.

Currás, que o pasado 22 de novembro declarara “unha temeridade meter nenos na Sala Yago”, como argumento para satanizar ante a veciñanza a@s partidari@s do uso social da sala abandonada, admitiu que “polo momento non hai nengún lugar definido para que se realicen concertos” porque “nas próximas festas da Ascensión temos que evitar a concentracións de xovens”. Polo que se olla, para Raxoi, a mocidade é apenas un problema da Policía Local ou un negocio para a venda de bebidas en establecementos que coticen a Raxoi.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s