Consorcio gastará 200.000 euros en promocionar a Catedral de Compostela no país veciño

Gerardo Conde Roa, en condición de presidente do Consorcio de Compostela, asinou esta mañá un convenio de colaboración con Agustín Usallán Ortiz, presidente da multinacional Clear Channel Spain que se dedica á xestión de espazos publicitarios. O obxectivo anunciado do acordo é “a promoción do patrimonio da cidade de Compostela e da súa Catedral” en España a cambio do pagamento de 200.000 euros.

A multinacional proxectará así o noso rico patrimonio histórico-artístico en 2000 paineis publicitarios distribuidos no mobiliario urbano español. A utilidade social do investimento é, cando menos, cuestionábel porque incide na idea errónea do monocultivo turístico como solución que, vistas as últimas estatísticas da EPA, arrebola xa en Compostela 10.000 veciños e veciñas sen emprego e taxas oficiais de empobrecemento do 22%. Ambos díxitos en continuo crecemento interanual.

Por outra parte, en termos de puro merchandising, non é argumento menor o feito de que o público alvo da campaña –a sociedade española, principal consumidor de Compostela- sexa un mercado caracterizado por altísimos niveis de desemprego e precariedade e case 12 millóns de persoas vivendo na pobreza ou no límite da exclusión social. Certamente, un mercado con pouco potencial que, vistas as tendencias obxectivas, probabelmente reducirá a súa participación no noso PIB nos próximos anos.

A pregunta

Por último, aplicando unha lóxica de elementares prioridades sociais moi estendida no sentidiño da veciñanza, unha pregunta surxe espontaneamente: que se podería facer nunha cidade de menos de 100.000 hab. tan castigada economicamente se este investimento se destinase a potenciar servizos sociais, políticas de emprego, etc.? Desde a óptica do noso grupo municipal, Raxoi persiste no erro ao cifrar o futuro nunha estratexia á que en termos sociais non lle saen as contas xa desde hai anos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s