Convocada concentración na praza de Galiza para impedir que o banco expulse da súa casa á nosa veciña Sandra

Cada día que pasa no noso País cinco familias son despexadas das súas casas por non poderen facer frente a hipotecas contraídas cos bancos. Un deses casos é o da veciña de Compostela Sandra que, con 23 anos e un irmao e a nai ao seu cargo, se verá obrigada a abandonar a súa vivenda porque os seus ingresos actuais son insuficientes para pagar as cotas da hipoteca que o banco lle concedeu aos 18 anos.

Alén da expulsión do seu domicilio, a nosa veciña terá que asumir unha débeda co banco probabelmente para o resto da súa vida. Con estas razóns por diante, a plataforma Stop Deshaucios Compostela convocou á veciñanza da nosa cidade á mobilización, concentrándonos mañán quinta-feira 1 de marzo ás 18:00 h. na praza de Galiza.

O grupo municipal da Candidatura do Povo chama tamén á veciñanza a saír á rúa con enerxía para impedir que, unha vez máis, unha familia fique sen casa para saciar a voracidade dunha crise da que o capital financeiro é o principal responsábel. Polo dereito a unha vivenda digna. Nengunha familia máis para a rúa. Paremos os pés aos ladróns da garavata.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s