PP inxecta 30.000 euros a ‘El Correo Gallego’ para xerar noticias favorábeis á súa xestión

O Partido Popular vai asinar através da administración autonómica un convenio con El Correo Gallego polo que entrega á editora do xornal ultraconservador local 30.000 euros do erario público. Este tipo de convenios coa prensa é o sistema construído nos tempos de Fraga Iribarne para asegurar a fidelidade dos medios e a emisión de noticias favorábeis á xestión do PP nas páxinas de información. Será ben recordar este dado cada vez que o xornal santiagués alardee de “independencia” respecto á xestión do goberno municipal de Conde Roa.

O reparto destes fondos públicos realízase dixitalmente sen existir un criterio ponderábel que defina destinatarios e cantidades. É así como a Xunta de Galiza entregará 340.000 euros a diversas empresas de información. Case a metade do montante irá destinada ao grupo editor de La Voz de Galicia. Pola súa parte, o diario compostelano recibirá por volta do 10% dos subsidios públicos repartidos entre as empresas amigas.

A promotora dos convenios, Ethel Vázquez, asegurou que a pesar de que xa se fechou o exercicio económico 2011 pódense tramitar expedientes con cargo aos Orzamentos 2012 nos “casos de urxente e inaprazábel necesidade”. Nesta categoría especial é na que se clasifica o financiamento de El Correo Gallego polo PP. Mentres, os provedores seguen sen cobrar e @s traballador@s públicos enfrentan unha das máis importantes ondas de recortes sociolaborais das últimas décadas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s