Alcalde admite xa en público que o proxecto do AVE pola Lavacolha era totalmente inviábel

Despois de días de declaracións, fotos de prensa, viaxes a Madrid e procura de protagonismo informativo e institucional, o conto rematou como era imaxinábel: o proxecto de Conde Roa Kennedy para que A Lavacolha tivese o único aeroporto do Estado con estación de AVE anexa, á que se trasladaría tamén a de autocarros de uso ordinario, ficou en aguas de bacallau. Onte, o propio alcalde, presentando o seu proxecto como un soño utópico para un futuro incerto, admitiu xa a súa inviabilidade.

O rexedor tivo que negar o que a ollos de amplos sectores é un díxome-díxome. “É un proxecto que nen é unha ocorrencia, nen é un proxecto descabelado”, afirmou. Mal asunto cando hai que insistir no que debería ser obvio. Ademáis, admitiu tamén que “ao mellor agora non se pode, pero non importa” porque “cando se poda” (sic) Lavacolha será “o aeroporto que foi o primeiro que puxo esta cuestión enriba da mesa”. Alto mérito este que nos aguarda a tod@s para ese futuro incerto. A comparecencia mediática pódese visionar aquí.

O periplo propagandístico do alcalde remata aquí. Atrás fican semanas de titulares e fotos, anuncios de proxectos para os que non existían fondos nen planos técnicos de viabilidade, reunións entre alcaldes que pretendían planificar as comunicacións aéreas dun país como se este fose un sumatorio de concellos, Núñez Feijoo declarando que estudaría “o proxecto”, etc. Exemplo palmario dun modo de facer política en que o protagonismo e proxección de alcaldes cativos con ínfulas de napoleóns é a tónica dominante e as prioridades da veciñanza pasan sempre a segundo plano. Para tomar nota.

One thought on “Alcalde admite xa en público que o proxecto do AVE pola Lavacolha era totalmente inviábel

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s