Concello resucita a Xunta Local de Seguranza trás celebrar esta duas reunións nun cuarto de século

Que a política securitaria é unha das paixóns que máis animan á equipa de goberno que chegou a Raxoi en xullo é algo que, oito meses despois, xa ninguén dubida nesta cidade. Crear alarme social nun concello tranquilo en termos diso que chaman orde pública e cunha taxa de delitos ínfima é unha das actividades que máis estimulan ao novo goberno municipal, ata tal punto que tamén nesta cuestión parece que van facer bon ao bipartido. A reaparición hoxe da Xunta Local de Seguranza é un paso máis nesta dirección.

Esta mañá, o alcalde reuníase en Raxoi co veterinario leonés e ex conselleiro de Medio Rural Samuel Juárez. Político que, por esa enorme capacidade multidisciplinar que só se encontra nos profisionais da cousa pública, é hoxe Delegado del Gobierno de España en Galiza. O encontro serviu para anunciar que, despois de 25 de anos de existencia formal e apenas dúas (2) reunións neste cuarto de século, Raxoi e a Delegación porán en andamento a Xunta Local de Seguranza. A súa terceira reunión celebrarase o 12 de marzo.

O citado organismo é um ámbito de coordenación entre corpos policiais para planificar as políticas que, segundo desde que óptica se aborden, uns denominan de “seguranza cidadá”, outros de “control social” e, incluso, os máis malpensados, de “represión”. Alén das FSE, este órgano posibilita a implicación en condición de convidados de pedra ou  colaboradores necesarios dos axentes sociais de Compostela.

Tentación autoritaria

É sintomático que, con case 10.000 veciñ@s sen traballo, 22% de taxa oficial de pobreza no censo municipal, persoas que son desafiuzadas dos seus domicilios polos bancos cada certo tempo, miles de xovens sen aceso á vivenda cando existen de 6000 a 11000 casas desocupadas no termo municipal, etc., unha das prioridades da corporación municipal sexa unha orde pública que, por outra parte, non é a principal preocupación para ninguén en Compostela.

A perguntas dos xornalistas, Conde Roa xa anunciou por onde vai o asunto. O rexedor, que a pouco de tomar posesión anunciara investigacións exaustivas dos centros sociais da cidade e a posibilidade de clausuralos, á vez que ameazaba ao estilo Far West aos sectores que cuestionan a política inmobiliaria municipal con que “sentirán o noso alento na caluga”, xa puxo sobre a mesa a cuestión do consumo de alcool pola mocidade fora dos establecementos que pagan ao fisco por distribuilo, é dicir, o famoso botellón.

Mocidade no alvo

Ángel Currás, que detenta a carteira municipal de Educación, aínda que evidencia tamén os tics autoritarios da súa equipa, xa se lanzara onte cunhas declaracións en que afirmaba que “temos que evitar as concentracións de xovens” (?). Estes, reducidos e reducidas a simples “botellón”, “desordes” e “vandalismo”, e para os que o goberno local non ten alternativas reais en materia de traballo, vivenda, información sexoafectiva, lecer, etc., serán un dos alvos da resucitada Xunta Local de Seguranza.

Visto como se está a por a situación económica e social, así como as pulsións antinacionalistas que animan á equipa de goberno, non nos extrañaría nada que desempregad@s, veciñ@s empobrecid@s polas políticas ultraneoliberais do PP, independentistas, sen teito, movementos sociais molestos para o poder municipal, etc. pasen a colocarse como punto na orde do día desta Xunta Local de Seguranza que, segundo parece, só se reunirá ata hoxe para se constituir e para organizar a fugaz visita de Ratzinger en 2010. Estaremos atentas ás decisións que adopten.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s