Anunciada unha autoconvocatoria para preparar desde a base a Folga Xeral Nacional do 29-M en Compostela

Esta mañá as centrais sindicais CIG, CUT, CNT e CGT convocaron oficialmente a Folga Xeral Nacional para o 29 de marzo. É a resposta necesaria á batería de agresións que, desde o poder financeiro, económico e político, se desata hoxe contra a maioría social galega. A activación da Folga Xeral Nacional na nosa cidade requerirá, como en outras cidades e vilas do país, a participación nunha mesma dinámica de forza e mobilización de todas as persoas e axentes sociais, sindicais e políticos dispostos a erguerse e por couto á voracidade do Capital.

Con esta premisa como idea-forza, o centro social Arredista convoca para a próxima segunda-feira 5 de marzo a partir das 21:30 h. unha asemblea aberta no centro social A Gentalha do Pichel. O motivo da reunión, que é aberta a toda a veciñanza, é analisar a situación e comezar a organizar desde a base os preparativos para que a Folga Xeral Nacional paralise Compostela o próximo 29-M. A Candidatura do Povo sumará as súas forzas aos preparativos e ao exercicio de insubmisión, loita e dignidade colectiva que se inicia con esta convocatoria da Folga Xeral Nacional.

29-M: ADIANTE A FOLGA XERAL NACIONAL!
NON Á REFORMA LABORAL!
BASTA XA DE EXPLOTACIÓN!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s