Este sábado tod@s ao Obradoiro ás 12 da mañá para defender o noso patrimonio nacional

Mañán sábado 3 de marzo a partir das 12:00 h., a Candidatura do Povo convoca á veciñanza a unha concentración na praza do Obradoiro para denunciar a pasividade institucional ante a desaparición dunha peza fundamental do patrimonio histórico-artístico nacional como é o Códice Calixtino. Alén disto, esixiremos responsabilidades políticas e eclesiásticas por este novo estrago contra o que é de noso, a demisión e procesamento dos responsábeis e a transferencia do patrimonio histórico galego que hoxe se encontra en propiedade da Igrexa Católica para os poderes públicos.

A mobilización foi comunicada segundo é preceptivo á Subdelegación del Gobierno de España na Coruña. Queremos aproveitar esta ocasión para denunciar tamén o espolio sistemático, por desleixo, ou incluso por intervención activa institucional, dunha parte fundamental da nosa historia e identidade como povo, como é o citado patrimonio. Animamos pois á veciñanza a saír ao Obradoiro este sábado para reivindicarmos o que é de todos e todas.

Foliada popular
pola noite

Á noite, a partir das 22:00 h. e en ton festivo, a Candidatura celebrará unha foliada popular no pub Avante que se encontra no Cantón de San Bieito, á beira da praza do Pan (Cervantes).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s