Xosé Baqueiro pede actuacións contra persoas empobrecidas que “degradan a imaxe do casco histórico”

As políticas antisociais do Partido Popular están a provocar un incremento agudo do desemprego, o empobrecemento e os desafiuzamentos. En Compostela son xa 10.000 @s veciñ@s os que se encontran sen traballo. A exclusión social alcanza hoxe por volta do 22% do censo local. Frente á situación, o grupo municipal popular e o socialista decántanse pola vía represiva. A reactivación do Consello Local de Seguranza despois de 25 anos de ausencia é un dos síntomas. Trátase de “invisibilizar”, sen solventalas, o desastre social que xeran as políticas de ambos. O edil socialista Xosé Baqueiro apuntaba onte varios puntos da cidade onde durme xente sen casa. Pede que se tomen as “medidas oportunas” contra estas persoas.

Baqueiro denuncia a “proliferación de indixentes” que pernoctan na rúa. Sinala co dedo como lugares referenciais a dársena de Xoán XIII, a rúa do Vilar e o palco da Alameda, ao tempo que demanda da corporación municipal que se aplique a Ordenanza de Convivencia, Residuos e Limpeza Viaria, unha normativa que, como o seu nome indica, sitúa ao mesmo nível as persoas que a crise capitalista envía directamente á miseria, o refugallo que a cidade produce cada día por toneladas e a suxedade que existe en determinados puntos do municipio.

Temeroso pola imaxe que o incremento da pobreza poda dar aos turistas, Baqueiro preocúpase porque “diversas corais tiveran que suspender a actuación que tiñan prevista no palco da Alameda” (sic) pola presenza de persoas sen teito nas proximidades. Ante a crecente degradación das condicións de vida da maioría, os socialistas compostelanos tiran a carauta progre e maniféstanse como o que realmente son: servos do poder económico e financeiro que farán piña co PP contra a maioría social. Sería convinte tomarmos nota: trátase das mesmas políticas con distinta marca publicitaria. A próxima Folga Xeral Nacional é unha oportunidade para comezar a colocalos no seu sitio antes de que sexa demasiado tarde.

One thought on “Xosé Baqueiro pede actuacións contra persoas empobrecidas que “degradan a imaxe do casco histórico”

  1. Pingback: O Obradoiro foi un clamor contra os recortes e as consecuencias sociais do resgate do Reino | Candidatura do Povo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s