Advirten dos perigos do novo Carrefour das Cancelas para o pequeno comercio local

“Se na Coruña foi unha barbaridade, en Compostela estase a cometer a mesma barbaridade por culpa do anterior goberno municipal xa que aquí temos catro áreas comerciais e non vai ficar nada na cidade”. Quen así se manifesta é José Ángel Blanco, gerente da asociación de comerciantes Compostela Monumental, en recentes declaracións á emisora afin ao PP Onda Cero. A próxima apertura do centro comercial das Cancelas é unha sombra ameazante para a supervivencia do pequeño e mediano comercio local.

Frente ao otimismo que destilan as periódicas declaracións da alcaldia respecto á creación de miles de postos de traballo co novo Carrefour, os portavoces d@s comerciantes parecen máis cautos. Así, Blanco declara que “por cada posto de traballo [que se cree nas Cancelas] vanse destruir catro no pequeno comercio” e advirte que “a rendabilidade do pequeno comerciante que se instale nas Cancelas non a vexo clara” en alusións a aqueles que alugarán locais no hipermercado que Carrefour Property España abrirá para finais de 2012.

Como se se tratar dun axente comercial da compañía francesa, Conde Roa, que visitou en novembro as obras do novo hipermercado das Cancelas, anunciara a súa “satisfacción” porque o Carrefour “vai traer xente á cidade”. A creación de postos de traballo, que os promotores do negocio cifran en 5700, é en realidade bastante máis reducida segundo as cifras da propria compañía porque nesta cifra inclúense as 3500 persoas que, temporalmente, participarán na construción do centro e a urbanización da área.

One thought on “Advirten dos perigos do novo Carrefour das Cancelas para o pequeno comercio local

  1. Pingback: Currás inaugura nas Cancelas un falso túnel por valor de catro millóns anunciando que é a “antesala” do novo Carrefour | Candidatura do Povo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s