Candidatura do Povo inicia accións legais pola “desaparición” do Códice Calixtino

Vintecinco persoas concentrámonos este sábado no Obradoiro respondendo á convocatoria da Candidatura do Povo para esixir responsabilidades políticas e relixiosas pola desaparición do Códice Calixtino e demandar a transferencia ao poder civíl do patrimonio histórico-artístico que retén a Igrexa Católica. A mobilización prodúcese cando se cumpren oito meses do roubo sen que se coñezan nen o paradeiro do Códice, nen haxa responsábeis políticos ou relixiosos demitidos e procesados.

A concentración coincidiu coa presenza no Obradoiro de decenas de autoridades locais e mandos policiais e da Guardia Civil, así como de concelleiros dos tres grupos municipais que celebraban o Día da Policía Local. Tras unha faixa na que se podía ler Pola devolución do Códice Calixtino. Demisión e xulgamento dos responsábeis 25 persoas permaneceron na praza durante 60 min. para esixir solucións á substracción da valiosa peza do noso patrimonio. As autoridades municipais e policiais foron aludidas na súa responsabilidade pola desaparición cando cruzaban do Concello para a Catedral a celebrar a misa de homenaxe á Policía Local.

A presenza de centos de persoas na praza posibilitou o reparto da folla informativa que distribuimos a semana pasada, comprobando unha vez máis a incredulidade xeneralizada que existe na veciñanza respecto ás versións oficiais que circulan sobre a substracción do Códice. Recordamos que o pasado domingo 26, o director do Museu da Catedral declarou a La Voz de Galicia que houbo “axuda interna” para a comisión do roubo. Europa Press e a Cadena Ser entrevistaron @s concentrad@s, mentres o diario local El Correo Gallego silenciou totalmente a existencia da convocatoria e a súa celebración.

Inicio de accións legais

O coordenador do noso grupo municipal, Ricardo Picáns, dirixiuse ás persoas concentradas preguntando en alto se “alguén podería imaxinar que, por exemplo, na Grecia, un particular substraise pezas de valor histórico do Partenón de Atenas sen que existisen consecuencias políticas inmediatas por este feito?” e anunciando que “vamos seguir denunciando tamén aos responsábeis polo espolio do noso patrimonio”.

Neste sentido, a Candidatura do Povo prepara o inicio de accións legais para esixir responsabilidades vista a ocultación e o silenciamento calculado desta situación. Tamén Suso Irago, membro do grupo municipal, denunciou o “escándalo” que supón a inexistencia de demisións oito meses despois do roubo e advertiu do inicio da vía xudicial por parte da Candidatura.

Publicaremos nos próximos dias o vídeo da concentración e as comunicacións feitas na praza do Obradoiro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s