Colexio de Arquitectos critica a decisión do Concello de permitir publicidade luminosa na cima dos edificios

A nova ordenanza municipal de publicidade aprobada polo PP abre a porta á instalación de anuncios luminosos na cima dos edificios de Compostela. Segundo esta normativa, agora en proceso de exposición pública, os letreiros publicitarios a colocar poderán alcanzar os 30 metros cadrados de superficie e 3.5 metros de altura. O Colexio Oficial de Arquitectos de Galiza declara ao respecto que “se a publicidade en cubertas prolifera en exceso, a imaxe de Compostela, coas torres da Catedral como protagonistas, acabará degradándose”.

“Para unha cidade deste tamaño, pode ser un tema conflitivo tanto polo seu impacto paisaxístico como pola contaminación lumínica”, declarou o pasado día 6 Santiago Rodríguez, tesoureiro do COAG, que anuncia que o Colexio “presentará as alegacións pertinentes”. Recorda tamén Rodríguez que o PXOM local “non permite construir por riba do plano da cuberta” dos inmóbeis, co que a instalación podería xerar “un conflito” entre o PXOM e a normativa que posibilita ás empresas utilizar os edificios como soporte publicitario.

Pola súa parte, a concelleira de Urbanismo María Pardo retruca que a nova ordenanza é “aperturista” (sic) e asegura que “non vamos proibir a priori por non saber xestionar un asunto” (!), admitindo que dá luz verde a unha iniciativa sen coñecer, a priori, o seu impacto real. Mentres, baixando das alturas, a pé de rúa, as autoridades locais manteñen activa unha ordenanza “conservacionista” que proibe, e sanciona, o emprego de todo tipo de soportes económicos de comunicación que utilizan as asociacións e movementos populares da cidade. Un novo exemplo prático da política das duas varas de medir.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s