425 rapaces multadas polo Concello desde setembro por beber alcool fora de establecementos autorizados

A ofensiva da equipa de goberno municipal contra o consumo de alcool fora dos locais que abonan as preceptivas taxas fiscais segue o seu curso. Desde que en setembro se aprobou a normativa municipal eufemisticamente denominada como Ordenanza de Convivencia, 425 veciñ@s –na maioría, xovens- foron sancionad@s con multas de 750 euros que se duplican se a persoa identificada pola Policía por primeira vez “reincide” a posteriori no “delito”.

A posibilidade de mudar o pagamento da multa por “traballos en beneficio da comunidade” abriu un auténtico nicho de man de obra gratuita para Raxoi que se destina a cubrir “servizos sociais”. Paula Prado, titular de Benestar Social e nº 2 de CR-11, é cabeza visíbel da cruzada contra o consumo de alcool fora dos establecementos autorizados. Recentemente, esta aznarista que compensa a súa adesión ao credo ultraneoliberal coa prática de políticas de beneficencia, declaraba a Santiago Siete que grazas a estas políticas de penalización masiva muitos xovens “descubriron o voluntariado como unha opción de futuro” (sic).

Así, aínda que o Concello se inibe á hora de resolver os problemas de desemprego, precariedade masiva e emigración que afectan á mocidade local, porque, segundo anuncia a nº 2 de Conde Roa, “non ten competencias na área de emprego”, sí se preocupa en criminalizar á xuventude e aplicarlle a reedición da Ley de Vagos y Maleantes. O consumo alcoólico crónico non é problemático se se realiza nos locais legalmente establecidos e fiscalmente controlados. Unha vez máis, a hipocrisía e as falsas coartadas da extrema dereita para colocar á mocidade permanentemente no ponto de mira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s