Conde Roa fomentará a presenza andaluza na programación cultural de Compostela


Gerardo Conde Roa está decidido a construir España desde a corporación local
do mesmo modo que se compromete na relativización da significación e importancia da identidade propia. Xa é coñecido o seu dilema irracional Entre lo bueno y lo gallego, yo escojo lo bueno. Onte, xunto á alcaldesa da cidade española de Cádiz, Roa asinaba o convenio de colaboración cultural grazas ao que ambas cidades terán programas culturais comúns e promoverán a presenza de artistas propios nos respectivos calendarios.

Festivais de cinema e teatro, exposicións, programas de bolsas, coproducións en artes cénicas e musicais, etc. contarán desde agora con notoria presenza gaditana. Nada máis lonxe da nosa intención que por alfándegas á relación entre povos. Contodo, a elección de cidades irmás e programas de intercambio cultural nunca é aséptica e conxúgase á perfección co notábel desprezo pola lingua e cultura do país que profesa o Concello, a persecución contra os centros sociais locais, a redución da presenza do Galego na corporación municipal e as ameazas públicas contra a Sala Nasa como medidas estrela.

Para xustificar unha relación tan carente de fundamento histórico, Conde Roa tivo que escarvar nas areas movedizas do mito. Así, o rexedor asegurou que o Apóstolo “desembarcara en Cádiz” e que un santiagués, Benito Ramón Hermida Maldonado, fora presidente circunstancial das Cortes que aprobaron a Constitución española de 1812. Sólidos “lazos de unión”, pois, os que nos vinculan coa cidade árabe. Contodo, o Sr. Conde, posibelmente desexoso de sumarse aos eventos do 200º aniversario de La Pepa, esqueceu mentar que a data de 1812 abre un novo ciclo no declinio económico e demográfico do país no que é alcalde.

One thought on “Conde Roa fomentará a presenza andaluza na programación cultural de Compostela

  1. Proponho-lhe a este fachilha que contrate a Manolo Escobar e a Lola Flores, perdão, Lolita, e além, ao Real Madrid para uma partida amadorista!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s