Conde Roa contra o Galego: alcaldía suspende a axuda económica ao Correlingua

A extrema dereita que goberna Compostela marcouse como ambicioso obxectivo para esta lexislatura eliminar a presenza do Galego na vida social e institucional da cidade e construir a Compostela de ¡Santiago y cierra España!. A crise é a coartada perfeita para meter a tesoira nas partixas da promoción da lingua. Simultaneamente, fináncianse procesións de Semana Santa, contrátanse artistas andaluces na programación cultural local ou páganse 8000 euros para renovar o retrato dos reis de España do salón de plenos porque o existente non era “suficientemente digno”.

A última medida nesta dirección é retirar o apoio económico municipal á proba deportiva xuvenil Correlingua. A pulsión antigalega que posúe aos Conde Roa, os Currás, as Prado e os Varela manifestouse esta vez baixo o maleábel criterio da austeridade, pero tamén con ese formato que os apasiona: a censura directa. A equipa de goberno “non gosta” (sic) do manifesto elaborado por alunos e alunas 4º da ESO de Ponte Cesures para esta edición do Correlingua. Segundo se constata, as nenas e nenos desta vila demostran un grau de madurez da súa condición nacional moi superior ao dos acomplexados cargos municipais de Compostela.

A suspensión da axuda económica suporá que o Correlingua sexa tratado legalmente como “manifestación”, coa necesidade dos permisos e as posibilidades de proibicións e restricións que xa coñecen este tipo de actos. O concelleiro de Cultura Ángel Currás asegurou por telefone aos organizadores do Correlingua que “non está dacordo co manifesto” publicado por parte da iniciativa pro Galego. Motivos todos máis que suficientes para acudir á activación dos movementos populares, organizar o Correlingua máis ambicioso da historia e demostrar aos neofranquistas que non son donos da situación.

A extrema dereita
parabeniza ao alcalde

A decisión da equipa de goberno municipal foi inmediatamente parabenizada polo grupo ultra Galicia Bilingüe, que esta promovido desde a Fundación FAES e presenta o combate contra a presenza social da nosa lingua como lucha contra la imposición del gallego (sic). A presidenta de GB, Gloria Lago, dirixiuse por carta a Conde Roa para expresar a súa satisfacción porque ha cumplido su palabra. Lago estase a referir aos acordos alcanzados nunha reunión privada que celebrou co alcalde a finais de 2011 e que non se fixeran públicos ata agora.

Tomando nota

Desde a Candidatura do Povo consideramos que a equipa de goberno local se sitúa por propia vontade nunha dinámica de agresión continuada contra a lingua e identidade do País. En Compostela non goberna unha dereita civilizada, senón unha dereita extrema, compulsivamente fóbica contra o Galego, reacia incluso ás mínimas cotas de existencia legal alcanzadas pola nosa lingua nacional desde a Transición e que apenas disimula o seu odio porque debe guardar certos tics de “corrección política”.

Os mesmos que hoxe pretenden afogar o Correlingua xustificarían no seu día coa boca pequena o asasinato do alcalde nacionalista de Compostela Ánxel Casal na curva de Cacheiras. Que saiban desde agora que NON PASARÁN!

Máis información aquí.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s