Goberno municipal anuncia que “traballará” durante a Folga Xeral Nacional do 29-M

Que o goberno local aproba a reforma laboral que facilita o despedimento arbitrario, o encadeamento sen limite de contratos temporais e a liquidación da negociación colectiva é algo que sabe todo o mundo. De feito, desde que Conde Roa é alcalde hai 9 meses, actúa en plena sintonía con Madrid e creceu o desemprego en Compostela en 2000 veciñ@s chegando aos 10.000. Pero, por se alguén tiña dúbidas sobre onde se sitúa a equipa de goberno nesta crise, o alcalde xa anunciou onte en Radio Obradoiro que “o goberno de Santiago non está en folga” o 29 de marzo.

O Pleno Municipal convocado para ese día manterá a súa data porque, segundo asegurou o rexedor nun ton non isento de cinismo e incapacidade intelectual para discernir que feitos son trascendentes e cales triviais, “é a Folga Xeral a que coincide co pleno, e non ao revés”. A mensaxe é clara: a equipa de goberno ultraneoliberal, ligada aos negocios da construción e nunha cidade onde proliferan os EREs, a pobreza alcanza 23% da veciñanza e 10.000 homes e mulleres se encontran sen traballo, confésase esquirola ante o 29-M. Non contenta con iso, proponse aplicar a reforma laboral dentro do propio Concello.

Desemprego, empobrecemento, precariedade e emigración é toda a alternativa que presentan CR-11 e compañía ante a realidade sociolaboral de Compostela. Simultaneamente, o Concello persegue @s sindicalistas que anuncian a greve da semana que ven.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s