Policías municipais denuncian sindicalistas que convocan á Folga Xeral Nacional do 29-M

Grazas á ordenanza aprobada no seu día polo bipartido PSOE-BNG, Compostela é hoxe unha cidade onde está proibida, e sancionada, económica e xudicialmente, a utilización dos suportes de comunicación que habitualmente empregan asociacións e organizacións populares con poucos recursos e difícil acceso aos meios –panfletos, cartaces, murais, faixas, etc.-. A proibición esténdese a todo o termo municipal. A Polícia Local encárgase de que se aplique esta normativa que cercea por completo a liberdade de expresión.

Dous sindicalistas da CNT son as últimas vítimas da política de censura total que se argumenta en base á “protección do meio” e a “limpeza e ornato da cidade” e nestes anos levou a centos de veciños ata os xulgados das Fontinhas, ou impuxo multas que suman xa decenas de miles de euros. Segundo informa hoxe La Voz, e nos confirma a chamada feita á CNT, @s identifica@s pola Policía Municipal foron “surprendidos” pintando un muro na rúa Bernardo Barreiro coa convocatoria da Folga Xeral do 29-M e están acusados de “danos”.

A Candidatura do Povo quere chamar a atención sobre o feito de que a ordenanza que posibilita a censura municipal sistemática conta co apoio de PPSOE e BNG. Mentres, novas ordenanzas do PP facilitan –como denunciamos recentemente- a instalación de publicidade comercial luminosa na cimeira dos edifícios, ao tempo que empresas e institucións gozan de absoluta liberdade para difundir nas rúas as súas mensaxes comerciais ou políticas. Máis un exemplo da política das duas varas de medir que aplica Conde Roa e admiten, por activa ou por pasiva, o resto dos grupos municipais presentes en Raxoi.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s