Cancélase a actuación de Leo Bassi no Teatro Principal porque ao alcalde lle produce “especial repugnancia”

Mantemos desde xullo de 2011, cando o PP toma as rédeas da corporación local, a tese de que a nova equipa de goberno municipal se encadra en parámetros de extrema dereita. Esta tese foi riscada ás veces de “tremendista”, pero o desenvolvemento da política municipal nestes meses non fai máis que confirmala e reforzar en sectores máis amplos a idea de que o núcleo duro da equipa de Conde Roa, tanto polas súas formas, como polos seus conteúdos, abraza posicionamentos e práticas neofranquistas.

A colección de actuacións que validan a posición é ampla e alárgase conforme pasan as semanas: ameazas de clausura de centros sociais, política de sancións económicas contra as asociacións populares, iniciativas contra o Galego, confesionalismo relixioso da corporación, suspensión da liberdade de expresión en todo o termo municipal, persecución da xuventude coa coartada do botellón, etc. Agora, Conde Roa dá un paso máis e procede á proibición de actos culturais en base ao seu criterio persoal.

Santa Inquisición

É o caso do famoso clown italiano Leo Bassi, coñecido internacionalmente pola crítica da dereita política e do poder relixioso nas súas actuacións. Bassi ia actuar no Teatro Principal o próximo día 10. O contrato estaba cerrado e as entradas á venda, pero o goberno local, co ex nacionalista, agente imobiliario e ex numerario da secta Opus Dei á cabeza, decidiu hai 20 dias cancelar o acto. Conde Roa valora que “non ten nengún interés que a cultura de Compostela se vexa identificada” con Bassi porque “me produce especial repugnancia”.

Soberbio na súa ignorancia e cosmopaletismo, o señor Conde asegura que “non teño nengún problema en dicir que, en Santiago de Compostela, non é unha persoa que, culturalmente, nos poda achegar nada”. Amén. A preguntas dos xornalistas, o rexedor dixo “crer” que “había unha coincidencia de datas con outra programación, pero cando foi interpelado para explicar esta limitouse a afirmar que “había de todo”.

Denuncia na rúa

Que o alcalde decida que contidos culturais son aptos para ser vistos pola veciñanza no Teatro Principal é prática propia dos tempos da Ley de Censura. Tanto como a concesión arbitraria de instalacións públicas en función das súas preferencias relixiosas e políticas. A Candidatura do Povo, igual que saiu á rúa para denunciar a dilapidación do noso patrimonio, a instalación de liñas de media tensión sobre áreas deportivas, e sairá para denunciar a continuidade da Cidade da Cultura, denunciará tamén estas práticas neofranquistas e convida aos os axentes culturais e veciñais a que fagan o propio facendo da rúa un clamor antifascista.

Mentres, o edil de Cultura, Ángel Currás, igual que guardou silêncio ante a sabotaxe económica da institución municipal contra o Correlingua, cala tamén agora. Fai parte do núcleo duro e urbanita do goberno municipal. Máis locuaz, Bassi describiu a cancelación como “escandaloso atentado contra a liberdade de expresión” e fruto de “presións políticas e eclesiásticas”.

One thought on “Cancélase a actuación de Leo Bassi no Teatro Principal porque ao alcalde lle produce “especial repugnancia”

  1. Increíble, dereita extrema no poder, que capacidade ten este señor para saber o que me interesa a min ou non ver dende o punto de vista cultural, que haxa unha oferta variada e eu como cidadán escollerei o que me interese a min, non a él, un político repugnante

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s