Candidatura do Povo chama á veciñanza a se concentrar no Obradoiro na tarde do 29-M

Mañán 29-M, xornada de 24 horas de Folga Xeral Nacional, a Candidatura do Povo convoca á veciñanza a se concentrar na praza do Obradoiro ás 17:00 h. da tarde como iniciativa de reivindicación e presión para que as institucións municipais tamén secunden a xornada de loita que convocaron os sindicatos CIG, CUT, CGT e CNT e as corporacións sindicais españolas CCOO e UGT. A concentración veciñal coincide coa celebración dun pleno municipal anunciado por Conde Roa que asegurou que “o goberno de Compostela non está en folga”.

A piques de alcanzarmos os 10.000 veciños sen traballo e cun 23% do censo municipal vivindo na pobreza, a convocatoria da Folga Xeral Nacional é unha medida imprescindíbel para comezar reverter a política das administracións estatal e autonómica, pero tamén da municipal, que apoia a política de agresións contra o mundo do Traballo recollida na última reforma laboral. É por estes motivos que convocamos á veciñanza a concentrarse mañán na praza do Obradoiro.

ADIANTE A XORNADA DE 24 HORAS DE FOLGA XERAL NACIONAL!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s