A maioría da veciñanza comprendeu o que está en xogo e secundou a Folga Xeral Nacional

O éxito da xornada de Folga Xeral Nacional foi absoluto en Compostela. Parálise das áreas industriais, administracións e pequeno comercio. Prolongación inusual da folga á tarde. A nota, como é costume, deuna o ridículo Gerardo Conde Roa, que días antes da xornada anunciaba que “é a Folga Xeral a que coincide co pleno, e non ao revés”. Con dez mil veciños sen traballo e 23% de pobreza, CR-11 está máis atento a cumprir co seu partido e ideoloxía ultraneoliberal que a defender os intereses da veciñanza.

De feito, alén de confrontarse coa maioría social dos compostelanos e compostelanas, que esixe a retirada da reforma laboral, o alcalde do PP –que se sinte xuíz- atreveuse a “condenar” xunto co PSOE a actividade dos piquetes. Nen palabra da violencia empresarial en Compostela, evidenciada unha vez máis nas ameazas de despedimento aos e ás folguistas e apoiada por uniformados. Conde Roa, de novo, agora cos edis do PSOE da man, traballaron cando o povo facía greve e “condenaron” ese mesmo povo por defender o que as institucións municipais son incapaces de defender.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s