[Galería] Duascentas persoas concéntranse ante o Concello para denunciar como “esquirol” ao goberno municipal

Máis de douscentos veciños e veciñas concentráronse onte pola tarde ante o Concello para criticar a (anunciada) celebración dun Pleno Municipal na xornada de Folga Xeral Nacional. A convocatoria lanzada pola Candidatura do Povo foi recibida por duas carriñas policiais e vinte policías antidisturbios fortemente armados que ridiculizaban a lingua dos concentrados e, nalgún caso, axitaban con ostentación os seus órganos xenitais. O aceso ao Concello estivo bloqueado con vallas metálicas e varios axentes da Policía Municipal participaron no dispositivo.

Durante máis de unha hora as consignas Conde Roa, esquirol!, Traballo digno na nosa terra!, Compostela está en folga!, Fora fascistas do Concello! ou O concello é un cortello! atroaron no Obradoiro cos centos de manifestantes chantados frente á fachada de Raxoi. O operativo situado nos soportais do edificio proibiu a participación veciñal no pleno e identificou a decenas de persoas chegando incluso, nun exemplo de exceso de celo policial, a pedir a documentación a turistas que se aproximaron aos veciños para saber o que ocorría.

Proibido o aceso ao pleno

A participación na concentración lanzada pola Candidatura do Povo aglutinou distintos sectores da esquerda social e sindical local: xentes do movemento 15-M, Stop Desafiuzamentos, CUT, independentistas, afiliación de base do BNG, sindicalistas da CIG que denunciaban o recente despedimento de cinco traballador@s da empresa municipal Emuvissa, etc.

Aínda que o Concello argumentou a proibición por razóns de “aforo”, cónstanos que o salón de plenos estaba totalmente baleiro. O dispositivo policial foi focado pois exclusivamente a imposibilitar o dereito legal que ten a veciñanza a participar como público nos plenos da corporación. A concentración rematou coa comunicación do noso compañeiro Suso Irago, que denunciou o carácter facista do actual goberno municipal e o papel xogado polas Fuerzas de Seguridad del Estado.

“Condenas”

Os que decidiron traballar cando a maioría social estaba na rúa defendendo os seus dereitos sociolaborais non tiveron mellor ocorrencia onte que pactar unha condena contra o movimento folguista local. O PSOE fixo a súa achega a este texto responsabilizando a grupos minoritarios dunha xornada de loita na que participaron miles de persoas. PPSOE calaron ante a violencia policial e a chantaxe da patronal nos centros de traballo para impedir o exercicio do dereito á greve.

GALERÍA DE IMAXES

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s