Candidatura do Povo esixe a separación do alcalde de calquer responsabilidade municipal

A noticia publicada antonte polo diario español El País sobre a imputación do alcalde de Compostela nun delito de fraude contra a Facenda Pública por valor de case 300.000 euros puxo dos pés para a cabeza a política municipal. A inmobiliaria Geslander Proyectos de Edificación, S. L., da que Conde Roa é administrador único, non abonou á Facenda Pública o IVE de 61 vivendas vendidas polo alcalde através da promotora en 2010. Conde Roa conta con máis casos similares como o impagamento do IBI ao Concello de Compostela pola súa empresa.

A acusación admitida a trámite polo Xulgado nº 2 de Compostela conta con elementos abondo significativos respecto á súa solvencia. Paradoxalmente, Conde Roa, que é un abandeirado das políticas de déficit cero, axuste orzamentario e recortes antisociais como estratexia para “saír da crise”, aparece agora como un reincidente na fraude contra a Facenda Pública con casos en Lalim, a Cámara de Comercio e o Concello de Compostela ou Castilla La Mancha.

Vista a consistencia das acusacións da fiscalía, o feito de que unha imputación destas características –dada a representatividade do imputado- debe ter un fundamento probatorio consistente e as declaracións do proprio Conde Roa, que admitiu o pasado 14 de marzo o impagamento, a Candidatura do Povo esixe a imediata separación de Conde Roa de calquer responsabilidade municipal. É inaceptábel que un individuo que aplica políticas duras de recorte antisocial e, segundo indican todos os dados, defrauda reiterativamente ao erario público, detente responsabilidades públicas na nosa cidade.

Seguimento en Facebook

A Candidatura do Povo está a facer desde antonte un seguimento informativo en Facebook da imputación de Conde Roa neste delito de fraude fiscal. Compaxinaremos este seguimento do caso coa información na nosa páxina web.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s