Corporación municipal participa en actos relixiosos vulnerando o seu carácter aconfesional e a liberdade de credos da veciñanza

O carácter aconfesional das institucións muncipais é unha reivindicación pola que aínda é preciso brigar. Onte, durante a Procesión de la Última Cena del Salvador, os grupos popular e socialista da corporación local volcáronse coa mobilización relixiosa personificando a presenza do Concello nun acto confesional. Por se alguén tiña dúbidas respecto ao carácter desta presenza, o alcalde compareceu co bastón da cidade e a corporación ocupou un lugar central no acto relixioso.

Conde Roa, Adrián Varela (PP), Bernardino Rama (PSOE), o piedoso Xosé Baqueiro (PSOE), que recentemente chamaba a limpar a cidade de persoas empobrecidas porque “degradan a imaxe do casco histórico”, Francisco Javier Noya (PP) e Gonzalo Muiños (PSOE) foron algúns dos que saíron en procisión cos encapuchados e as velas cuxa cera derretida converterá estes días as rúas do casco histórico nunha perigosa pista de patinaxe para os veículos motorizados.

Por parte da Candidatura do Povo, respectando a liberdade relixiosa de cada quen, consideramos que tamén por respecto á veciñanza a corporación municipal debe deixar de participar –como fai aínda con maior frecuencia desde que os neofranquistas alcanzaron a alcaldía- en actos de carácter relixioso. O carácter aconfesional das corporacións municipais é algo que recolle a súa Constitución. Conde Roa e compañía non poden colocar o Concello ao servizo da lexitimación das súas particulares crenzas relixiosas e morais.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s