Chamamos á veciñanza a se concentrar nos Xulgados para esixir a demisión de Conde Roa

A Candidatura do Povo chama á veciñanza de Compostela á concentración que se celebrará a próxima quinta-feira 12 de abril para esixir a demisión do alcalde, imputado nun proceso por incumprimento das súas obrigas fiscais como empresario á frente da promotora Geslander Proyectos de Edificación, S. L. Desde o noso grupo municipal entendemos que é completamente inaceptábel que un individuo que, de forma repetitiva, tivo e ten problemas co fisco, se sitúe á frente do Concello de Compostela xestionando o diñeiro público.

Chamamos á veciñanza, tamén, a desbotar calquera resignación ou derrotismo ante a proliferación de individuos como Conde Roa á frente das institucións municipais e autonómicas. A corrupción non pode normalizarse. A veciñanza de Compostela non podemos tolerar que quen defrauda á Facenda Pública continúe á frente das institucións locais, perseguindo a lingua galega, extorsionando os colectivos sociais que non fan parte da concepción extremista da cidade, negando a participación real da veciñanza no Concello, etc. Porque estamos cansas e cansos de corruptos e defraudadores, quinta-feira 12 de abril a partir das 11:30 h. concentrarémonos ás 12 nos Xulgados das Fontinhas. Nós si nos movemos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s