O avogado que defende a Conde Roa no seu proceso por evasión fiscal é un “experto” neste tipo de casos

O rexedor municipal cúbrese as costas ante un proceso penal que se lle adiviña difícil vista a consistencia dos feitos dos que o acusa a Agencia Tributaria. O letrado que o defenderá ante a Xustiza española é Gonzalo Rodríguez Mourullo (Teu, 1935). Unha vista de ollos a algúns dos seus clientes máis destacados evidencia cal é unha das súas especialidades, así como a condición de home de Estado que o caracteriza, participando no grupo de relatores que elaborou o Código Penal de 1995.

Estudante de Dereito na USC, foi catedrático de Dereito Penal na Universidade de Uvieu, a USC (1970) e a Universidade Autónoma de Madrid desde 1970. Relacionado co mundo da literatura galega cando novo, rachou a relación con esta para se consagrar á avogacía.

Experto en defensa de
corruptos e magnates

Da nómina de clientes de Rodríguez Mourullo destacan Emilio Botín e Pablo Crespo. Botín é o magnate que preside o Banco Santander, elegido en 2008 por Euromoney como “o mellor banco do mundo” (sic) debido ás súas andanzas en América Latina. Descendente dunha saga de banqueiros, proclamábase recentemente como “gañador da crise” e agradecía ao presidente español Rodríguez Zapatero as súas políticas. Recoñecido pola súa habilidade para evadir as causas xudiciais, foi defendido por Mourullo nun caso por xubilacións millonarias do que saiu indemne.

Pola súa parte, Pablo Crespo, tamén cliente do avogado de Conde Roa no seu día, foi presidente do PP en Vila García de Arousa, home de confianza de Xosé Cuíña, secretario de Organización do PP en Galiza (1995-2003), parlamentario autonómico (1997-1998) e delegado da COTOP en Portos de Galiza (2003-2005). Como empresario presidiu Special Events, dedicada á organización de campañas publicitarias e foi administrador único de varias empresas. É a relación destas empresas coa administración pública a que levou a unha investigación xudicial dos contratos realizados, que rematou finalmente coa súa detención en 2009 xunto a outras persoas. A raiz da detención, o PP comunicou publicamente que xa non era militante do partido.

Advertisements

One thought on “O avogado que defende a Conde Roa no seu proceso por evasión fiscal é un “experto” neste tipo de casos

  1. Pingback: O avogado que defende a Conde Roa no seu proceso por evasión fiscal é un “experto” neste tipo de casos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s