Conde Roa xa está imputado formalmente como autor dun delito contra a Facenda pública

Segundo o esperado. O alcalde de Compostela polo Partido Popular Gerardo Conde Roa xa está imputado pola Xustiza española nun caso de fraude contra a Facenda Pública. O xuíz Vázquez Taín que esta mañá ouviu a súa declaración atribúe ao rexedor a apropiación de 291.000 euros recibidos polo Sr. Conde en concepto de cobro do IVE de 61 vivendas particulares vendidas a través da súa promotora inmobiliaria Geslander Proyectos de Edificación, S. L.

Iniciase agora un proceso penal que se anuncia “rápido”. O via crucis judicial que aguarda ao alcalde ultraespañolista comeza coa redacción polo xuíz instrutor do auto que deberá definir os delitos con exactitude. Prevese que, xa que o propio Sr. Conde admitiu publicamente o impago, alegando apenas que “non pretendía enganar á Facenda”, o trámite será rápido. Despois, defensa e fiscalía deberán redactar os seus respectivos escritos. Neste segundo pedirase unha pena de cárcere de 1 a 5 anos, inhabilitación para cargo público durante o mesmo tempo e sanción económica que pode ir da cantidade defraudada a 1.8 millóns de euros.

O proceso rematará coa celebración do xuízo oral nunha sala dos xulgados de Compostela.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s