[Galería de imaxes] Candidatura do Povo concentrouse ante os xulgados para esixir a dimisión de Conde Roa

O Grupo Municipal da Candidatura do Povo chamara hoxe á veciñanza para participar nunha concentración de denuncia da corrupción no Concello e esixencia da demisión de Conde Roa. Por volta de 30 veciños e veciñas reuníronse nos xulgados das Fontinhas, despregando unha faixa na que se podía ler Non máis corruptos e ladróns. Conde Roa dimisión! A ampla presenza de medios de ámbito galego e estatal recolleu a contestación social contra o alcalde que hoxe ven de ser imputado por un delito de fraude fiscal.

Fora corruptos do noso Concello!, Conde Roa, dimisión!, Geslander, S. L. rouba en Compostela!, Non máis alcaldes empresarios!, Conde Roa, paga o que debes!, Esta é a súa democracia!, A Finca do Espinho para os veciños! foron algunhas das consignas máis coreadas durante as case dúas horas que durou a concentración, que remataba coa saída de Conde Roa pola porta principal dos xulgados, rodeado por unha nube de escoltas, policías e xornalistas. Un discreto dispositivo policial despregado nas proximidades envolveu neste tempo a concentración.

Finalmente, as persoas que acudiron aos xulgados seguiron a Conde Roa á saída  do edificio, apupando ao alcalde, esixindo a súa dimisión e denunciando o feito de que un rexedor que anuncia embargos para máis de 2000 veciñ@s por impagos á Facenda e fai silencio ante o desafiuzamento de familias das súas casas sexa simultaneamente un defraudador contra o erario público. Anexamos a continuación imaxes da concentración desta mañá. Ao longo da tarde colocaremos o video da parte final da protesta veciñal.

Vetos mediáticos

O noso responsábel de Comunicación pudo comprobar en primeira persoa, á hora de procurar entrevistas da Candidatura do Povo cos medios, a existencia dun veto explícito por parte da Cadena Ser e de Radio Nacional de España, que se negaron a considerar sequer as razóns das persoas concentradas.

Galería de imaxes

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s