[VÍDEO] Alcalde sae do xulgado entre berros veciñais de “dimisión”, “corrupto” e “estafador”

O de hoxe será un día inesquecíbel para o aínda alcalde de Compostela. A Candidatura do Povo achegou o seu pequeno grau de area para que así fose e, alén da dificilísima situación penal en que fica agora o rexedor, coa imputación por delito fiscal e o inicio do proceso que o sentará na bancada dun xulgado, a resposta de decenas de veciños manifestou o amplo sentir da cidadanía de Compostela, farta de cambalaches, corruptelas, autoritarismos e recortes antisociais.

Anexamos no video que aparece nesta ligazón a saída do imputado tras declarar nos xulgados e a contestación veciñal á súa presenza. A Candidatura do Povo comprométese coa veciñanza de Compostela a manter permanentemente unha política de denuncia e mobilización frente a todos os casos de prevaricación, fraude e corrupción municipal de que teñamos coñecemento. Frente ás tentacións de normalizar a corrupción e impor a resignación, o noso grupo municipal anuncia, como dixo un día Conde Roa nunhas famosas declaracións, que os corruptos “sentirán o noso alento na caluga”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s