Esixiremos este sábado a paralisación total e definitiva das obras da Cidade da Cultura

Mañán sábado, a Candidatura do Povo concentrarase na Cidade da Cultura para reivindicar a paralisación definitiva das obras da Cidade da Cultura. O proxecto iniciado en 1999, se xa supuña un investimento antisocial naquela altura, é hoxe, neste contexto de recortes sociais, privatizacións e ameazas de resgate do Estado espanhol pola troika, unha dilapidación de recursos públicos non apenas para unha política cultural diferente da oficial, senón para necesidades sociais e económicas claramente máis urxentes.

Con máis de 400 millóns de euros investidos, previsións de incremento notábel do gasto final, informacións que evidencian gastos absolutamente superfluos, como a recente compra de mobiliario por valor de decenas de miles de euros, e a queima diaria de 2 millóns das antigas pesetas na mantenza ordinaria do complexo, a Cidade da Cultura de Galiza converteuse nunha lousa sobre as necesidades sociais e o ícono dunha política contraria ás prioridades da veciñanza e do país.

A concentración celebrarase na Cidade da Cultura a partir das 12:00 h. da mañá deste sábado. Animamos á cidadanía a participar nesta mobilización enfocada a recuperar a tensión social frente a este proxecto faraónico que dilapida os recursos públicos do país e constituírmonos en axentes activos para lograr a súa paralisación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s