Candidatura do Povo solicita ao Concello compromisos económicos contra a dispersión carceraria de veciños de Compostela

A Candidatura do Povo presenta mañán terza-feira 17 de abril, coincidindo co Día Internacional dos Presos e Presas Políticas, unha moción municipal denunciando a grave situación en que se encontran varias familias de Compostela cuxos parentes están presos e foron dispersados, nalgúns casos, a centos de quilómetros da súa localidade de residencia. A moción deberá ser debatida e aprobada ou rechazada no Pleno Municipal.

A dispersión ou desterro fora de Galiza de presos e presas sociais e políticos –Córdoba, Palencia, Aranjuez, Valencia, etc.- é unha prática contraria á lexislación vixente que, ademáis, supón un alto custo económico para @s familiares e amig@s das persoas presas e o risco de acidentes en estrada nas viaxes ata os cárceres. Á vista desta situación, a Candidatura do Povo presentará mañán unha moción municipal para ser debatida por PP, PSOE e BNG para que o Concello adquira compromisos solidarios e económicos concretos con estas familias.

Concentración no Obradoiro

Á mesma hora, familiares e amig@s de pres@s independentistas galegos e militantes de Ceivar concentraranse na praza do Obradoiro para esixir a repatriación dos presos e presas e reivindicar a súa liberdade. Recordamos que tres veciños de Compostela -Antom Santos, Eduardo Vigo e Santiago Vigo- se encontran presos sen xuízo e dispersados fora de Galiza desde hai case cinco meses.

One thought on “Candidatura do Povo solicita ao Concello compromisos económicos contra a dispersión carceraria de veciños de Compostela

  1. Pingback: Candidatura do Povo solicita ao Concello compromisos económicos contra a dispersión carceraria de veciños de Compostela

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s