Conde Roa: game over

As evidencias da fraude fiscal, o temor á deslexitimación que suporía alargar a súa estancia en Raxoi e as fortes presións da dirección do PP abocaron finalmente ao axente inmobiliario e defraudador fiscal Gerardo Conde Roa a presentar a dimisión como alcalde de Compostela. Esta mañá, o xuíz Vázquez Taín, confirmaba a imputación do empresario padronés nun delito contra a Facenda pública por valor de 291.000 euros resultantes da retención do IVE de 61 vivendas vendidas por Geslander Proyectos de Edificación, S. L. en 2010.

Dado que o voto de Conde Roa é imprescindíbel para elixir ao seu sucesor, Ángel Currás, o xa ex alcalde permanecerá na corporación ate que se produza a elección. O anuncio da dimisión materializouse en formato de comparecencia mediática. Nela, o imputado asegurou que, a pesar das presións públicas de Núñez Feijoó e Dolores de Cospedal, dimitía “libre e voluntariamente”, “sen nengún rancor” (?), “coas mans limpas e lixeiro de equipaxe” e en nome da “familia, o partido e o amor á cidade”.

A Candidatura do Povo parabenízase de que a veciñanza perda de vista definitivamente unha personaxe tan nefasta como Gerardo Conde Roa. Contodo, somos incrédul@s ante a teoría da mazá apodrecida, que acredita que as que agora fican no cesto son máis honestas que a xa retirada. Por contra, temos a convición de que a fraude e a corrupción en todas as súas expresións e modalidades son unha característica inerente ao actual sistema institucional. O erro do prepotente Conde Roa foi, probabelmente, non saberse cubrir as costas prudentemente como fan centos de elementos parasitarios nas administracións.

O que vai vir é
máis do mesmo

Conde Roa marcha, pero o que fica agora non é mellor: é unha equipa de goberno municipal situada politicamente na extrema dereita, galegófoba, co mesmo programaaznarista, partidaria da turistificación e do privado frente ao público, confesional, valedora de recortes sociais e reformas laborais e perfectamente conectada cos amos da situación. Que podemos aguardar de quen aceptaron como xefe de filas e defenderon ata onte a un individuo co perfil de Conde Roa? A partir de mañá non vai mudar nada esencial, aínda que é previsíbel que as peculiares formas do Sr. Conde se eviten no sucesivo. Aínda que só sexa por disimular.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s