Currás convértese en alcalde de Compostela advertindo que “mudou o capitán, pero non a nave”

O PP tiña presa por desfacerse do problema Conde Roa. Dous plenos extraordinarios celebráronse esta mañán en Raxoi en apenas 30 minutos para aceptar a renuncia do empresario imputado nun delito de fraude fiscal e elexir o novo alcalde, Ángel Currás. Os discursos foron inusualmente breves e Currás destacou polas súas alusións en positivo ao promotor inmobiliario e as reiterativas declaracións de continuismo respecto ao “camiño que iniciamos hai dez meses”.

Destacando o papel desempeñado por Núñez Feijoó na crise aberta no Concello de Compostela, Currás apuntou que agradecía “a confianza do presidente da Xunta” e anunciou que “manterei o proxecto iniciado polo Partido Popular. As alusións en positivo “ao meu amigo Conde Roa”, así como as referencias á vontade continuista á frente da corporación, foron repetitivas durante unha breve intervención en que recordou que “mudou o capitán, pero non a nave”.

Como un feito cargado de simbolismo, a transmisión do bastón do alcalde fíxose entre abrazos e baixo as dúas imaxes dos reis de España que, desde decembro e previo pagamento de 8000 euros das arcas municipais, substituiron as vellas e dominan hoxe o salón de plenos do Concello. Rebeca Domínguez, nº 14 da lista de Conde Roa e militante de Nuevas Generaciones, será a edila que substitúa ao alcalde destituido pola dirección do Partido Popular. Mudan os rostos e, probabelmente, tamén certas formas, pero continuarán idénticas políticas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s