Ángel Espadas terá que retornar á rua e Currás promove ás concelleiras fieis na corporación

O relevo na alcaldía está a supor pequenos axustes na equipa de goberno dentro dunha estratexia xeral de continuidade. O primeiro damnificado é Ángel Espadas: o polémico xefe de gabinete de Conde Roa é cesado do seu cargo por Ángel Currás. Recordamos que Espadas, inicialmente nº 3 do PP local para as eleccións municipais de maio, tivera que retirarse da candidatura tras ser identificado no seu carro por efectivos da Policía Local triplicando (0.79) a taxa de álcool permitida en 12 de marzo de 2011. Só o seu vínculo con Conde Roa posibilitou que, despois da dimisión, detentase un posto de responsabilidade na corporación local.  

O caso tivera notoria repercusión mediática porque Espadas, xunto a Paula Prado, capitaneaba unha campaña moralizante do PP local contra o botellón. De feito, ambos políticos se “infiltraran” nun macrobotellón celebrado na Alameda en 2008 para denunciar a “pasividade” da Policía Municipal. O que moitos veciños e veciñas identifican como compañeiro de correrías nocturnas de Gerardo Conde Roa perde pois a súa condición de favorito que garantía a continuidade nun posto tan destacado.

Promoción das fieis

Pola súa parte, as edilas afectas a Currás avanzan posicións no Concello: Reyes Leis, da fracción do PP local máis identificada con Conde Roa e co novo rexedor, ascende a tenente de alcalde e igual acontece a Amelia González, que será segunda tenente. A cabeza do sector crítico, Paula Prado, con conexións con Núñez Feijoó, Madrid e o CESEDEN, seguirá a ser no entanto portavoz do grupo municipal do PP.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s