Auditor do complexo do Gaiás puxo á súa muller na ‘Fundación Cidade da Cultura’ sendo Ángel Currás o xerente

O novo alcalde Ángel Currás foi director-xerente entre 2000 e 2005 da Fundación Cidade da Cultura que xestiona o complexo do Gaiás. A súa responsabilidade no desenvolvimento deste proxecto faraónico que esquilma os orzamentos culturais é por tanto máxima. O mandato rematou en 2005, cando PSOE e BNG derrotaron electoralmente a Fraga Iribarne e constituiron o bipartido autonómico. Neste período, a contratación de Virginia González Varela no departamento de administración da Fundación é un dos episodios menos claros da xestión de Currás.

A chamativa información aparece na hemeroteca de El País de 7 de agosto de 2007. Virginia González é, cando se produce a súa contratación pola Fundación que presidía o actual alcalde de Compostela, a muller de Francisco Loimil Garrido. Este señor é na altura un dos socios da consultoría Auditores Asociados de Galicia, contratada pola Xunta para auditar anualmente a Cidade da Cultura e que, segundo o Consello de Contas, cobrara á administración autonómica un sobreprezo de máis de catro millóns de euros por unha asistencia técnica ao Xacobeo.

Contratos “innecesarios”

As sombras da xestión de Currás na Fundación non rematan aquí. Auditores Asociados de Galicia percibiu da administración de Fraga Iribarne perto de 6 millóns de euros en contratos que o Consello de Contas considerou “innecesarios” para captar patrocinadores do Xacobeo 2004 e a Fundación para o Deporte Galego con motivo da saída desde Galiza da Volvo Ocean Race. A consultora argumentou para conseguir esta última adxudicación a súa “experiencia” polo traballo realizado para a Xunta nos Ano Santo de 1999 e 2004.

Segundo a citada fonte, a nova dirección da Fundación da Cidade da Cultura que coloca o bipartido autonómico PSOE-BNG, e supón a saída de Currás, decidiu, despois de fiscalizar as contas dos exercicios de Auditores Asociados de Galicia entre 2000 e 2005, prescindir dos servizos da consultora e pagoulle 38.588 euros polos traballos feitos nestes seis anos. Cantidade notoriamente inferior ás que viña recibindo a empresa.

Socio de Comunled puxo a Currás
na listaxe municipal do PP en 2007

Ademáis de colocar á Virginia na Fundación, Francisco Loimil era socio de varios ex altos cargos da Consellaría de Cultura na empresa Comunled antes do bipartido. Comunled, que ten como fin social a prestación de servizos de enxeñaría, arquitectura e urbanismo, tiña en 2007 a José María Sánchez González entre os seus directivos. Este último foi secretario xeral da Consellaría de Cultura con Pérez Varela e director do IGAEM con Fraga Iribarne. Antes de 2005, Sánchez González compatibilizou estes cargos co de administrador da sociedade Promociones Culturales, Inversiones Financieras e Inmobiliarias, S. L.

Segundo El País, sendo Sánchez González presidente en Compostela do Comité Electoral do PP nas Municipais 2007, impuxo “contra o opinión dalguns membros da executiva local” [do PP], a inclusión na candidatura popular do ex xerente da Fundación Cidade da Cultura e novo alcalde de Compostela, Ángel Currás, que era elexido naquela altura como concelleiro. A coñecida interconexión entre negocios e política institucional parece aquí, unha vez máis, evidente.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s