Militante de ‘Nuevas Generaciones’ asume desde o “continuismo” a política lingüística municipal

Primeiras decisións de Ángel Currás. Despois das advertencias lanzadas onte polo novo alcalde no sentido de que as súas políticas serían “continuístas” das de Conde Roa, o rexedor cofirma a certeza das súas palabras. Hoxe, en conferencia de imprensa, anunciaba que a veciña do Ensanche, militante de Nuevas Generaciones do PP e español-falante habitual Rebeca Domínguez será, paradoxalmente, a persoa que asuma as responsabilidades de Normalización Lingüística e Educación no Concello.

Vistas as políticas para o Galego aplicadas por Conde Roa en só 9 meses de xestión, e representadas pola suspensión dos subsidios ao Correlingua, a receptividade mostrada cara o grupo ultraespañolista Galicia Bilingüe, a utilización habitual do castellano na comunicación institucional, etc., os anuncios de continuismo chaman á alerta. Que Currás desdobrase a Concellaría que ata agora detentaba para entregar un área tan sensíbel como a de normalización lingüística a unha militante do sector máis españolista do partido é un indiscutíbel indicador de intencións ás que a Candidatura do Povo vai prestar, desde xa, total atención.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s