Candidatura do Povo dirixirase ao Pleno municipal para que solicite da Delegación do Goberno a proibición das bolas de goma

A recente morte do cidadán basco Íñigo Cabacas a mans da policía autonómica do seu país puxo de actualidade os expeditivos métodos utilizados polas FSE para reprimir a contestación social. Do mesmo modo, a intervención policial do pasado domingo nos incidentes do derbi Depor Celta en Vigo , nos que efectivos policiais dispararon dentro dun local cheo de xente, evidencian unha vez máis a necesidade urxente de que as forzas e corpos de seguranza do Estado abandonen o emprego destes métodos altamente lesivos e capaces de matar.

Compostela tamén coñeceu en diversas ocasións a utilización policial deste brutal método de control. A máis recente foi o desaloxo da Sala Yago, da que informou incluso El Correo Gallego. As bolas de goma teñen un peso de 90 grs. e dispáranse a unha velocidade de 720 km/h, ou 20 m/sg. A distancia preceptiva do disparo é 50 m., pero é ben coñecido, como recolle o video anterior, que esta distancia nunca se cumpre e é inviábel demostrar nun xuizo se se respectou. Así, son decenas os galegos e galegas con lesións, nalguns casos irreparábeis, ao seren atinxidos polas bolas policiais.

Neste contexto de crise social e aumento da coacción gobernamental, a Candidatura do Povo considera necesario abrir o debate social sobre os medios de intervención policial. O feito de que o Goberno de Madrid mercase recentemente 100.000 bolas de goma ante o aumento previsto da contestación social á política de recortes e privatizacións é un pésimo anuncio. Neste sentido, o noso grupo municipal presentará en breve unha moción solicitando que o Concello se dirixa à Delegación do Gobermo de España demandando publicamente a proibición do uso das bolas de goma.

One thought on “Candidatura do Povo dirixirase ao Pleno municipal para que solicite da Delegación do Goberno a proibición das bolas de goma

  1. Pingback: Candidatura do Povo dirixirase ao Pleno municipal para que solicite da Delegación do Goberno a proibición das bolas de g

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s