Presidente de Compostela Monumental di que “os que viven dunha nómina non crian riqueza”

José Manuel Bello, ultraconservador e presidente de Compostela Monumental, inviste máis parte do seu tempo en defender ao PP que ao pequeno comercio local. A dimisión forzada de Conde Roa serviu, unha vez máis, para que se desmelenase con declaracións inoportunas e evidenciase antes propios estranos o seu aliñamento co máis extremista da dereita local. “Espero polo ben da cidade e de todos que o partido (…) non quede fragmentado”, afirmou.

Así, Bello declarou esta semana na sección Local dun diario galego que Conde Roa “foi un alcalde exemplar, que se foi cunha man chea de nada e outra cousa de ningunha, o que non poden dicir outros” (?). Asegura o presidente Bello que o ex rexedor “deixou o listón moi alto e demostrou que hai outra forma de facer política, con proximidade e pisando a rúa

En relación cos delitos en que está imputado Conde Roa, o presidente de Compostela Monumental tiroulles importáncia e indicou que “os que crean riqueza poden ter estes problemas”, para rematar afirmando que “os que viven dunha nómina non crean riqueza”. De Ángel Currás destacou que se trata dun “tecnócrata, que nada ten que ver con Conde Roa. Os tecnócratas non pisan a rúa e para sacar proxectos hai que estar en contacto coa xente”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s