[VÍDEO] Candidatura do Povo esixiu a paralización das obras da Cidade da Cultura no Gaiás

Paralisar as obras da Cidade da Cultura cando o complexo leva devorado xa máis de 400 millóns de euros e descoñecemos aínda cal será o seu orzamento final. Esta é a sinxela proposta coa que a Candidatura do Povo se chantou o pasado fin de semana no curuto achairado do monte Gaiás. A continuidade das obras no actual contexto de crise económica e social é unha burla á veciñanza similar ao episodio patético protagonizado en Botsuana polo actual Xefe do Estado español.

A Candidatura do Povo reuniu 15 persoas na cima do Gaiás para, desde dentro das instalacións da Cidade da Cultura, esixir a paralisación das obras dos dous edificios pendentes, a determinación de responsabilidades políticas e institucionais por un proxecto que se convertiu nun auténtico burato negro do erario público e a fixación de usos sociais para as instalacións xa edificadas. A concentración coincidiu coa xornada dedicada ao escritor galego Celso Emilio Ferreiro no que participaba o secretario xeral de Cultura Anxo Lorenzo.

“Expropriación”

Rematado o acto institucional, o grupo Labregos do Tempo dos Sputniks sumouse á concentración para apoiar as concentracións da Candidatura e anunciar como “expropiación” que o diñeiro percibido por actuar na xornada de Celso Emilio sería destinado á escola infantil Semente que impulsa o centro social A Gentalha do Pichel. A protesta foi sometida en todo momento a un discreto seguemento policial. Anexamos o video da mobilización, así como a información sobre a digna e coerente atitude mantida polo citado grupo musical do país.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s