A nova responsável pola Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, vai manter a sabotaxe económica contra o Correlingua?

O alcalde anunciou que a cultura vai ter “un papel estratéxico importante” en Compostela. Por iso esgazou esta de Educación e Normalización Lingüística, que fican en mans da nova edila de Nuevas Generaciones, a inexperta Rebeca Domínguez, e puxo aquela baixo o seu mando directo. Currás anuncia unha política cultural “aberta e plural”, como aquela que Conde Roa non tivo tempo suficiente a desenvolver na súa fugaz alcaldía, con Galicia Bilingüe, artistas andaluces, financiamento da Semana Santa con cargo ás arcas municipais, etc.

Se ben sabemos de que fala a extrema dereita local cando reivindica cultura “plural”, “aberta” e “cosmopolita”, a verdade é que nos ten intrigadas saber se a nova responsábel municipal pola Normalización Lingüística levantará o veto que Conde Roa e Currás puxeron ao Correlingua. Ambos anunciaran a finais de marzo que o evento desportivo infantil e xuvenil en favor do Galego deixaría de recibir financiamento municipal porque Raxoi “non está dacordo co manifesto” redactado por un grupo de nenos de 4º de ESO de Ponte Cesures.

Inaugurará a Srta. Domínguez a súa etapa na política municipal mantendo en pé unha decisión que, para alén de tan reaccionaria e españolista, é tan impopular? Ou se deixará levar polo núcleo duro do PP local, eses do ¡Santiago y cierra España!, que xantan con Gloria Lago, bailan con David Bisbal e non teñen remota idea quen foi Ánxel Casal? Axiña o saberemos. E a súa decisión será un termómetro perfeito para saber quen está á frente do departamento.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s