Ángel Currás aposta en continuar as obras na Cidade da Cultura “cando mellore a situación”

Causalidades da vida. A primeira entrevista impresa que concede o novo rexedor é ao diario ultraconservador El Correo Gallego que nestas semanas mantivo contra vento e maré a tese da “inocencia” de Conde Roa. As respostas de Ángel Currás ás preguntas da xornalista Inés do Pazo esclarecen, por se aínda facía falta, o firme compromiso do ex director-xerente da Fundación Cidade da Cultura coa continuidade dunhas obras nas que xa se sepultaron máis de 400 millóns de euros e enmagrecen os orzamentos autonómicos de cultura.

Currás é rotundo na súa aposta. “Sentín que os dous últimos edificios [por construir], o Teatro da Música e o Centro de Novas Tecnoloxías, non pudesen cristalizar de momento”. O novo alcalde apunta no entanto que “confío que podan ser unha realidade cando mellore a situación económica”. Igual que coa ocurrencia de facer un bucle sobre o trazado orixinal do AVE para levalo ate a Lavacolha, proxecto que Ana Pastor denunciou discretamente como inviábel porque non existían fondos, Currás mantén tamén a expectativa de seguir investindo millóns de euros no Gaiás.

Oposición á continuidade das obras

Láiase o novo rexedor de que o Concello “reduciu a súa participación [nas obras do Gaiás] no bipartido, e foi cando se paralisaron os dous edificios”. Anuncia, ademáis, que “agora vamos xogar todos na mesma partida”. A Candidatura do Povo é radicalmente contraria a continuar as obras no mausoleu de Fraga Iribarne, por considerar esta unha infraestrutura socialmente innecesaria, un produto da megalomanía do ex ministro franquista e unha auténtica burla á veciñanza e ao país no momento actual.

A concepción á que responde o complexo turístico que se constrúe no Gaiás é a antítese da política cultural que reivindica este grupo municipal. A política cultural municipal debe dirixirse a dotar barrios e parroquias das infraestruturas necesarias, fortalecer e proxectar a identidade galega e racionalizar os investimentos cando é tan evidente que, despois da debacle da construción, a entrada de ingresos en Raxoi caiu en picado. 10.000 desempregad@s e un 23% oficial da veciñanza empobrecida deberían ser dous argumentos irrebatíbeis para paralisar o esbanxamento de diñeiro público no Gaiás.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s