Candidatura do Povo entregou no rexisto a moción solicitando a proibición das bolas de goma no noso termo municipal

Ricardo Picáns, coordenador do grupo municipal da Candidatura do Povo, entregou esta mañá no Rexisto Municipal unha moción destinada a se votar no Pleno do Concello. A moción propón que a corporación se posicione contra o emprego policial das bolas de goma, comunique á Delegación do Goberno de España en Galiza o seu desexo de que se suspenda o seu uso no noso termo municipal e, por último, solicita do pleno que este demande dos plenos municipais de outros concellos galegos a aprobación destas mesmas reivindicacións.

O recente homicidio do cidadán basco Íñigo Cabacas a mans de axentes da Polícia autonómica do seu país puxo de novo negro sobre branco a capacidade letal das bolas de goma que distintos corpos e forzas de seguranza do Estado utilizan contra a povoación civil. A noticia chegaba días despois de que o Executivo de Madrid anunciase, nun sinal evidente de como o PP vai abordar a protesta social, a compra de 100.000 proxectis destas características ante o horizonte de aumento das mobilizacións sindicais e populares.

A Candidatura do Povo, con esta iniciativa á que dará seguimento legal e público, pretende posicionar aos tres grupos municipais ante unha cuestión de máximo interés para a veciñanza. Consideramos que non é de recibo que formacións políticas que se dicen “democráticas” e “pacíficas” xustifiquen ou acepten a utilización destes proxectis letais de 90 grs. contra manifestacións, mobilizacións sindicais, etc., máxime cando os seus efeitos destrutivos están tan sobradamente constatados.

Poder letal incontrolábel

Distintos estudos sobre as bolas de goma aseguran que saen dos peloteros a velocidades de 720 km./h., ou 20 m./sg., polo que deben dispararse a distancia superior a 50 mts. Contodo, nas circunstancias en que habitualmente se utilizan, as distancias regulamentarias non se respectan e as posibilidades de danos, lesións orgánicas irreparábeis e morte son considerábeis. A Candidatura do Povo demanda por tanto do Pleno Municipal que rechace calquer posibilidade de emprego destas armas contra a veciñanza no noso concello e comunique á Delegación do Goberno a súa vontade neste sentido.

Moçom contra as bolas de borracha Texto íntegro da moción municipal presentada esta mañá no Rexisto do Concello.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s