Prado confía que persoas “en situación de extrema necesidade” acedan ao uso de cueiros grazas á “caridade”

Paula Prado fai parte do núcleo duro do PP local e concilia a condición de feijoniana coa de edila de Benestar Social nun concello onde 10.000 veciñ@s están sen traballo, o 23% do censo municipal vive na pobreza e a mocidade emigra para traballar. Os sinistros efeitos sociais das políticas do PP nesta cidade sonlle pois familiares. Contodo, Prado, que asume a ortodoxia ideolóxica do PP, carece de solucións para a debacle social que xeran as políticas do seu partido.

Confirmouno a semana pasada. Tras constatar que na cidade crece o número de persoas en situación de extrema necesidade, con casos de familias que non poden aceder á compra de artigos básicos de hixiene persoal como cueiros, por seren “especialmente caros”, presentou a Operación Cueiro, que consiste en chamar á veciñanza con disponibilidade económica para que compre, e deposite nas dependencias municipais, “pacotes de cueiros”. As traballadoras sociais do Concello encargaranse da súa redistribución.

A pregunta é inmediata: como unha responsábel de Benestar Social pode cifrar a satisfacción de necesidades primarias dos seus administrados e administradas na capacidade económica e a boa disposición  que, eventualmente, exista na veciñanza? Por que se inibe a institución municipal ante os efeitos sociais da crise e desvía esa responsabilidade cara a Igrexa Católica, a Cociña Económica e a prática da “caridade” pública? Nestas condicións, cal é a utilidade social da institución municipal?

Alternativas factíbeis

A dereita ultraliberal compensa o espolio sistemático da maioría social co exercicio hipócrita da “caridade”. A Candidatura do Povo non aguarda mudar esta condición que está no ADN do poder económico e os seus servidores, pero, se Paula Prado quere contribuir a paliar os efeitos destrutivos das políticas do seu partido nesta cuestión, recomendámoslle que, en vez de apelar á “caridade”, pense en recortar gastos municipais en actividades innecesarias. Aquí van unhas propostas viábeis para que ninguén teña que pasar carencias como as reseñadas:

–       Eliminación de oito novos altos cargos no Concello: 400.000 euros

–       Suspensión do convenio de colaboración con Clear Channel Spain para promover a Catedral en España: 200.000 euros

–       Suspensión do contrato coa auditora Price WaterHouse Coopers: 102.000 euros

–       Supresión da iluminación de rúas e prazas no nadal: 60.000 euros

–       Supresión da achega municipal para traer a selección española: 40.000 euros

–       Supresión da achega municipal de traer a Compostela a Vuelta a España: 40.000 euros

–       Devolución das novas imaxes dos reis españois postas no Pleno Municipal: 8.000 euros

–       Suspensión da festa de fin de ano organizada polo Concello: 16.000 euros

–       Eliminación da inxección dada a El Correo Gallego vía Xunta de Galiza: 30.000 euros

Son algunhas propostas. Estamos cert@s de que existen máis partidas socialmente inúteis como as reseñadas que podería destinarse a solucionar necesidades sociais reais.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s